jueves, 29 de mayo de 2008

Exitazo en cans!!!!

Mijinh@s... Os veraneantes arrasaron no festival de Cans, a sua andaina comezou con presas, deverían estar por alí as 11.30, e os primeiros veraneantes chegaron as 12. Logo de agardar por mais xente, preparar todo, e carretar instrumentos a toda hostia, Os veranentes fixeron a sua primeira actuación para a radio galega dentro do programa extrarradio, foi curioso, pero despois de estar toda a mañá chovendo, cando os veraneantes remataron a súa peza, o sol saiu!! tentouse tocar despois no bar Fortes, pero o luto na casa nos fixo desistir, xarra de viño, empanada e pa fora, que a festa ainda estaba empezando.
Entrada triunfal no torreiro, meia hora de verbena e a comer!
Logo de comer comezaba a procesion de chimpibuses, Os veraneantes encabezaban esa procesión tocando a marcha de San Roque diante dos chimpins moi engalanados para a ocasión. Cheghar e encher... Pronto chegaron os tickets de bebida que nos facilitou a organización e pronto se foron....
Mentres os Cuchufellos facian sua proba de son, a sección gaiteira, percutiva e trombonil, montabaa boa no bar de debaixo do torreiro, con bailes enriba da barra incluidos. Comezaba a etapa cubatal....
Seguinte acto, concertazo dos Cuchufellos , todo o torreiro a bailar .....
Nova actuación dos Veraneantes, e fin da veraneada en Cans....
Entrega de premios e tremendo concertazo de Tony Lomba e Elio dos Santos con final apoteosico, todo o torreiro dando vivas a España, lembrandose da súa bandeira e do noso heroe nacional Rodolfo Chikilicuatre.... Se non fostes... podedes mirar www.youtube.com/watch?v=YS6vDxeeDkU
www.telecinco.es/informativos/cultura/noticia/37381/tractores+y+alfombras+de+color+azul+compiten+con+el+glamour+de+Cannes

martes, 13 de mayo de 2008

Os veraneantes de xira!!!!!!

Logo das actuacions en Pontevedra 30/04/08, LLanes 02/05/08 e frikiroga 03/05/08 os veraneantes poñen rumbo a Ibiza, donde unha pequena delegación, animara o MAGICLOWN En Sant Josep do 15 o 18 de maio
O fin de semana seguinte Os veraneantes estaremos montandoa no festival de Cans, botade unha ollada o programa en www.festivaldecans.com e animarvos a vir, por que a cousa estará moi ben.... avisados estades!!!