.O vindeiro 2 de febreiro de 2008 (22:30h) celébrase un ano máis no sábado de Antroido, na Praza da Igrexa de Goián o V FESTIVAL TAÍÑA.Como cada ano, haberá carpa e a entrada é de balde. Pretenden seguir mellorando e ampliar o festival para consolidalo como unha das ofertas máis transversais e interesantes do panorama musical galego. Os grupos cos que contan este ano no festival son:
OS VERANEANTESCUCHUFELLOSMOTOR PERKINSGALEGOZ
ASOCIACIÓN XUVENIL TAÍÑA:
A asociación xuvenil taíña nace en novembro de 2003 en Goián (Pontevedra), da man dun grupo de rapaces e rapazas que pretendían recuperar e promocionar tradicións e costumes da zona, asi como involucrar á xente máis nova neste proxecto.O proxecto formalizouse e a finais do ano 2004 a asociación xa contaba con 100 socios/as de entre 14 e 30 anos, e xa realizara entre outros: o primeiro festival taíña, a feira do libro co motivo do día das letras galegas e a celebración do San Xoán, sendo tódalas actividades acollidas con gran ilusión e participación por parte dos veciños do pobo que votaban en falta este tipo de iniciativas desde había anos. Nos anos 2005 e 2006 consolídanse as actividades citadas anteriormente e formalízase tamén a realización da cabalgata de reis o día 5 de xaneiro, e o magosto, así como a representación de obras de teatro, recollida de refráns propios do Baixo Miño, xogos populares... Sempre intentando que cada vez máis rapaces/as se unisen ó noso proxecto.
FESTIVAL TAÍÑA :
Que é?
É un festival musical organizado pola Asociación Xuvenil Taíña que se celebra o sábado de Antroido en Goián (Pontevedra). O festival taíña é o acto marcado como máis importante desde o comezo da actividade da asociación.Que pretende?É un festival musical con tres obxectivos claramente marcados:
- Ampliar un día máis as festas do Entroido de Goián, de gran arraigo no pobo e en toda a comarca. Que pasan así a comezar o sábado ( día no que se celebra o festival), e se prolongan ata o mércores de cinza. Pode interpretarse pois, como a colaboración da mocidade a estas festas do entroido que a asociación considera de grande importancia para a zona debido á súa incidencia e participación.
- Promocionar a música en directo, galega e en galego, de diversos estilos e gratuitamente
nunhas datas non habituais pero si propicias para a troula.
- Potenciar este tipo de actos no Baixo Miño,dando a coñecer así a música de calidade e de distintos estilos que se está a facer en Galicia e zonas veciñas.Durante estes catro anos o festival foi medrando tanto en presuposto como en asistencia, chegando a contar na súa cuarta edición con aproximadamente 3000 asistentes, ampliando ademais a súa incidencia xeográfica cara Vigo e Portugal.No ano 2006 estreamos tamén páxina web:
www.festivaltaina.com con máis de 200 visitas diarias o que lles permitiu chegar a moita máis xente.
Mais Info.: www.festivaltaina.com
Recordamos con esto que todo o mundo que queira vir tocar cos veraneantes será considerado acompanhante de profesión.
Un saudo e vémonos no Taiña!

1 comentario:
Hola, poderiasme dar un meil de contacto¿?
Publicar un comentario