miércoles, 23 de enero de 2008

Próxima Parada dos Veraneantes: Taiña en Goián


.O vindeiro 2 de febreiro de 2008 (22:30h) celébrase un ano máis no sábado de Antroido, na Praza da Igrexa de Goián o V FESTIVAL TAÍÑA.Como cada ano, haberá carpa e a entrada é de balde. Pretenden seguir mellorando e ampliar o festival para consolidalo como unha das ofertas máis transversais e interesantes do panorama musical galego. Os grupos cos que contan este ano no festival son:
OS VERANEANTESCUCHUFELLOSMOTOR PERKINSGALEGOZ
ASOCIACIÓN XUVENIL TAÍÑA:
A asociación xuvenil taíña nace en novembro de 2003 en Goián (Pontevedra), da man dun grupo de rapaces e rapazas que pretendían recuperar e promocionar tradicións e costumes da zona, asi como involucrar á xente máis nova neste proxecto.O proxecto formalizouse e a finais do ano 2004 a asociación xa contaba con 100 socios/as de entre 14 e 30 anos, e xa realizara entre outros: o primeiro festival taíña, a feira do libro co motivo do día das letras galegas e a celebración do San Xoán, sendo tódalas actividades acollidas con gran ilusión e participación por parte dos veciños do pobo que votaban en falta este tipo de iniciativas desde había anos. Nos anos 2005 e 2006 consolídanse as actividades citadas anteriormente e formalízase tamén a realización da cabalgata de reis o día 5 de xaneiro, e o magosto, así como a representación de obras de teatro, recollida de refráns propios do Baixo Miño, xogos populares... Sempre intentando que cada vez máis rapaces/as se unisen ó noso proxecto.
FESTIVAL TAÍÑA :
Que é?
É un festival musical organizado pola Asociación Xuvenil Taíña que se celebra o sábado de Antroido en Goián (Pontevedra). O festival taíña é o acto marcado como máis importante desde o comezo da actividade da asociación.Que pretende?É un festival musical con tres obxectivos claramente marcados:
- Ampliar un día máis as festas do Entroido de Goián, de gran arraigo no pobo e en toda a comarca. Que pasan así a comezar o sábado ( día no que se celebra o festival), e se prolongan ata o mércores de cinza. Pode interpretarse pois, como a colaboración da mocidade a estas festas do entroido que a asociación considera de grande importancia para a zona debido á súa incidencia e participación.
- Promocionar a música en directo, galega e en galego, de diversos estilos e gratuitamente
nunhas datas non habituais pero si propicias para a troula.
- Potenciar este tipo de actos no Baixo Miño,dando a coñecer así a música de calidade e de distintos estilos que se está a facer en Galicia e zonas veciñas.Durante estes catro anos o festival foi medrando tanto en presuposto como en asistencia, chegando a contar na súa cuarta edición con aproximadamente 3000 asistentes, ampliando ademais a súa incidencia xeográfica cara Vigo e Portugal.No ano 2006 estreamos tamén páxina web:
www.festivaltaina.com con máis de 200 visitas diarias o que lles permitiu chegar a moita máis xente.
Mais Info.: www.festivaltaina.com
Recordamos con esto que todo o mundo que queira vir tocar cos veraneantes será considerado acompanhante de profesión.
Un saudo e vémonos no Taiña!

martes, 15 de enero de 2008

Os veraneantes Komunikan: Gran Festival este fin de semana en Homenaxe os Diplomáticos



Estimadas e os tamén kamaradas e kamarados:
Este grandioso e magnífico festival está organizado sen axudas (o concello de la cueruña só puxo a carpa), e se hai perdas terei que pagalo eu do meu peto. Os benefícios irán para agar un pseudo-cache aos grupos.
Esto é un chamamento: a vos pesenza é muito obrigada e muito obrigatoria!!

(Texto e fonte: Don Carlos Villar Gutierrez)

sábado, 12 de enero de 2008

Próximo Concertos dos Veraneantes no Festival Taiña: 2 de Febreiro de 2008

Bueno, amigos quérovos comentar e informarvos que a próxima parada do Galician Tour 2008 dos Veraneantes e os seus acompañantes será no Festival Taiña de Goian(Pontevedra), no que durante todo o día 2 de Febreiro poderedes disfrutar do mellor folklore rumano da man dos Veraneantes.

Estarán presentes grupos coma Motor Perkins.


Un saudo e vémonos todos alí.

Unhas cantas fotos da primeira actuación
















Aquí vos deixo unhas imaxes para que observedes as primeiras actuacións dos Veraneantes.










Un saudo

jueves, 10 de enero de 2008

A Historia dos Veraneantes



Os veraneantes naceron un dia facendo unha ruta por bares-tenda no baixo miño e paradanta, un jicho mirounos nun bar e dixo ke tiñabamos que ir as festas do seu pobo. Meses despois recibimos a chamada do tipo, A primeira actuacion foi nas festas de Barcia, no concello de Melon(Ourense)


A partir desta festa que foi un auténtico éxito, os Veraneantes prodigaranse por diversas festas e Festivais coma o Repercusión en Allariz, A Gresca, o Rebumbio, Festival da Poesía do Condado, etc.


E non dudedes que seguirán sempre armando festa alá por onde o requira o público popular, xa que recordade que... "Vos sodes imprescindibeis"


Referente os compoñentes (acompañantes) é algo moi variabel, xa que cada un é da súa casa...do seu grupo, etc, pero o núcleo son os Seguintes:

- Carlos Kao (Acordeonista ocasional, percusionista ocasional, e animador da festa constante!)
- Marcos de Neda (O mellor Saxofonista de Galiza e parte do extranxeiro, capaz de misturar folklore balkánico, con melodías títicas de rock ou punk)
- Garçon (Trompista clásico de formación, que é capaz de acompañar a calquera instrumento habido e por haber, así como arroutado di fabulosas melodías e retrousos ca súa maquina de facer festa)
- Toñyto (Trombonista de varias charangas, grupos, etc, que consegue a praza de veraneante despois de duras probas e oposicións para dito posto, especializado en tomar licor café, e poder guiar a vara do seu trombón ó mesmo tempo)
-Xan (Guitarrista de amplificación electro-acústica, e inxenieiro en altavoces de pasarruas)



Estes son só algúns dos Veraneantes, os que iremos presentando sempre antes, e despois das actuacións festas, verbenas, e calque acto que implique ter que bufar ou dar cos paus en algunha superficie.




Benvidos ó Blog dos Veraneantes

Benvidos ó blog dos Veraneantes (e os seus acompañantes) no cal poderedes seguir as andainas deste grupo itinerante que percorre a Galiza enteira enchéndoa de flok rumano, bulgaro, galego(por suposto) e sobre todo con moitas ganas de festa!



3,2,1, comezamos!!!!!!!!